María Rivas confirma que a taxa de criminalidade de sitúase moi por debaixo da media nacional

09 Xuño 2025

A subdelegada do Goberno de España na Coruña, María Rivas, participou este luns 9 de xuño na xunta local de Seguridade no Concello de Rianxo para analizar os últimos datos e as accións levadas a cabo entre a Garda Civil e a Policía Local do Concello destinadas a garantir a seguridade da veciñanza. Rivas destacou “o traballo conxunto da Garda Civil e a Policía Local que se traduce nuns bos datos e na percepción de seguridade que ten a veciñanza”.

Así o corrobora, dixo, a taxa de criminalidade que “sitúa a este concello como un dos máis seguros. Rianxo ten un índice de 23 delitos por cada mil habitantes, moi por debaixo da media nacional que está en 51; a galega, en 35; e a provincial que se sitúa no 38”, sinalo, destacando a importancia da formación e a concienciación cidadá na prevención de delitos e puxo de relevo os resultados acadados co Plan Director para a convivencia e mellora de seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Neste último ano, a Garda Civil realizou 18 actividades en 3 centros educativos de Rianxo, ás que asistiron un total de 399 persoas, entre alumnado, profesorado e pais e nais do alumnado. As actividades centráronse en temas sobre ciberseguridade, acoso escolar e protección de medio ambiente e a natureza.

Ademais, nesta reunión avanzouse na coordinación do dispositivo de seguridade das Festas da Guadalupe 2025, unha das celebracións máis emblemáticas da vila, que cada ano reúne milleiros de persoas atraídas pola tradición, a música, a cultura e o ambiente acolledor de Rianxo.

“O dispositivo de seguridade que se prevé está deseñado para garantir o bo desenvolvemento de todos os eventos programados, cunha planificación detallada e medidas específicas adaptadas a cada actividade, poñendo especial atención ás xornadas e espazos con maior concentración de público, tanto de día como de noite”, sinalou a subdelegada.

O operativo será coordinado entre o Concello de Rianxo, as forzas e corpos de seguridade do Estado, a Policía Local, os servizos de Emerxencia e Protección Civil, co obxectivo de que “as festas se desenvolvan con total normalidade e sen incidencias”. Sinalou Rivas que “aínda que as ditas celebracións serán en setembro, traballamos con antelación para reforzar a planificación e mellorar a coordinación entre todos os organismos implicados”.

A xunta local de seguridade analizou tamén os datos do Sistema Integral nos casos de violencia de xénero, VioGen. Rianxo ten 22 vítimas de violencia de xénero.

O Sistema VioGén, dependente do Ministerio de Interior, é un sistema de protección ás vítimas de violencia de xénero no que colaboran as forzas e corpos de seguridade do Estado coa Policía Local dos concellos. Dos 60 concellos da provincial que contan con Policía Local, 27 deles están adheridos ao Sistema VioGén

Das 22 vítimas de Rianxo todas son españolas; mentres que dos autores, 20 son de orixe español e 2 do estranxeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.