Luns 9, sol e calor marcarán o inicio da semana na comarca

08 Xuño 2025

A comarca e as Rías Baixas comezarán a semana cun tempo moi agradable grazas á influencia das altas presións situadas ao norte de Galicia, que favorecerán a entrada de aire cálido desde o sur peninsular.

Este luns, agárdase unha xornada de intervalos de nubes altas e néboas matinais, especialmente nas zonas costeiras e vales interiores. Con todo, a medida que avance o día, os ceos tenderán a quedar despexados, permitindo disfrutar do sol en boa parte da comarca.

As temperaturas experimentarán un ascenso moderado, alcanzando valores altos nas horas centrais do día, con máximas que poderían superar os 26-30 ºC en concellos como Ribeira, Vilagarcía, Sanxenxo ou O Grove. A sensación térmica será de pleno verán.

O vento soprará frouxo de compoñente norte no interior, mentres que no litoral das Rías Baixas será moderado do nordés, aínda que as rachas máis fortes quedarán concentradas entre Bares e Fisterra, fóra da zona.

Será, en definitiva, un luns marcado pola estabilidde atmosférica, o ambiente seco e a subida térmica, ideal para comezar a semana con bo tempo na comarca.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.