Os bombeiros do provincial de Boiro tamén interviñeron na extinción dun incendio nun garaxe con cociña no lugar de O Rego, no concello da Pobra do Caramiñal.Foi o 112 que deu o aviso sobre as 13:50 horas. O lume só afectou á zona do garaxe, aínda que o fume se estendera por toda a edificación. Non houbo persoas afectadas.





