Inaugurada na alameda de Noia a mostra Comedy Wildlife, que lanza unha mensaxe en positivo a prol da natureza

10 Xuño 2025

O Concello de Noia, Abanca e Afundación presentaron a nova exposición do proxecto Corrente cultural, a mostra de rúa Comedy Wildlife, cuxos paneis pódense contemplar xa na alameda noiesa. O acto de inauguración celebrouse este martes 10 de xuño na praza do Concello e contou coa asistencia da concelleira de Economía e Facenda, Laura Salgado, o concelleiro de Turismo e Cultura, Pepe Pérez, o coordinador institucional de Abanca na Coruña, José Manuel Vilariño, o director da oficina de Abanca en Noia, Rafael Cuña; a subdirectora da oficina de Abanca en Noia, Irene Gómez; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela. A mostra ficará nas rúas de Noia ata o vindeiro 6 de xullo.

Esta colaboración é parte do proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento clave para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

As imaxes que articulan Comedy Wildlife resultaron distinguidas entre 2015 e 2022 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor polo galardón The Comedy Wildlife Photography Awards. Agora chega na súa versión de rúa tras abarrotar nos últimos dous anos museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá, e despois do seu exitoso paso polos centros de Afundación en Galicia. Sobre a base do seu compromiso coa implicación social e o coidado do medio ambiente, a Obra Social de Abanca presenta esta nova proposta expositiva no marco dunha programación variada, dinámica e innovadora para todos os públicos e de amplo alcance xeográfico. 

Comedy Wildlife é unha exposición que cativa a toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar ao público e facer unha chamada de atención sobre a urxencia da crise climática e a destrución da natureza mediante a empatía que sentimos con estas imaxes. Así, as 60 instantáneas seleccionadas que se presentan amosan, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches, osos ou pingüíns.

Asegura o co.fundador dos premios The Comedy Wildlife, o fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que “as cuestións de conservación e sostibilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativas, deprimentes e enervantes”. E que por iso se animou, xunto aos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo “extraordinariamente belo e interconectado”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.