GADISA Retail abre novos Claudio Express na Autovía de Barbanza e na Vía Rápida do Salnés

05 Xuño 2025

GADISA Retail continúa desenvolvendo o seu modelo de negocio franquiado Claudio con dúas aperturas simultáneas en estacións de servizo da Vía Rápida do Salnés, á altura de Cambados, e na Autovía de Barbanza, en Dodro.

O Claudio Express de Cambados está situado no km. 3,5 da VG-4.2. Cunha sala de vendas de 50 m2, está pensado para que os clientes poidan facer “unha compra rápida e cómoda entre unha variedade dunhas 500 referencias de alimentación”. Completa os servizos do complexo, que ten gasolineira, butano e café.

En canto ao Claudio Express de Dodro, sitúase no quilómetro 7,7 da transitada autovía que une as localidades de Padrón e Ribeira. O espazo de venda é de 70 m2 e está orientado a satisfacer as necesidades do mesmo perfil de consumidor. Neste caso, ten á súa disposición ao redor de 700 artigos. As instalacións contan tamén con gasolineira, restaurante Texas Grill, servizo de butano, e ponte de lavado e aspirado.

Ambos establecementos, que pertencen ao Grupo Staroil, dispoñen dun amplo horario de apertura para facilitar a compra e dar o mellor servizo aos clientes.

Na apertura dos Claudio Express participaron Pablo Val, administrador de Staroil, con parte do equipo de traballadores das estacións e, por parte de GADISA Retail, Miguel Freire, director de vendas de franquía, acompañado por Sergio Abeledo, supervisor.

A franquía Claudio é unha liña de negocio que, no que vai de ano, sumou 11 novos puntos de venda, situados en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid, as catro comunidades autónomas nas que está implantada. Actualmente, conta con 246 establecementos, dos que 112 son Claudio e 134 Claudio Express.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.