Gadis celebra a escritura co VI Concurso de Microrrelatos

26 Xuño 2025

A cadea alimentaria galega Gadis volve convocar o seu Concurso de Microrrelatos, que xa alcanza a sexta edición. Coincidindo co verán, o destino é o tema elixido nesta ocasión para construír unha historia de entre 3 e 100 palabras. O elemento clave da iniciativa é gadismicrorrelatos.com, onde se fornece ás escritoras e escritores dos recursos precisos para dar renda solta á súa inspiración.

“Queremos celebrar a escritura cun concurso inclusivo para todas as idades. Animamos a mozos e a maiores a que exploren a súa habilidade coa escritura e participen. Nestes últimos cinco anos descubrimos auténticos talentos coas letras” sosteñen desde Gadis, engadindo que o propósito desta acción é “fomentar unha cultura para todos e todas e contribuír a promover o hábito de lectura”.

Desde o 26 de xuño ata o 31 de agosto pódense presentar os relatos breves cubrindo o formulario na web habilitada, onde tamén se inclúe un cadro para o envío do relato. Os únicos requisitos é que os textos deben de ser inéditos e orixinais, ter menos de cen palabras e o seu autor ser maior de 14 anos. En canto ao idioma, acéptanse tanto en castelán como en galego.

A orixinalidade, a creatividade, a sensibilidade e a capacidade de síntese son os catro valores que terá en conta o xurado para seleccionar aos finalistas. Co destino como idea central da historia, a organización do concurso deixa aberta á imaxinación de cada participante o seu relato, que pode ser real, baseado en experiencias persoais, ficticio ou fantástico.

Supermercados Gadis recompilará nun libro os microrrelatos seleccionados como finalistas. En total, editará 12.000 exemplares que se repartirán gratis nos puntos de venda de Galicia e Castela e León no mes de outubro. Ademais, poderase descargar en formato dixital en gadismicrorrelatos.com. “Este labor editorial ten como fin dar a oportunidade aos participantes de que un maior número de persoas lea as súas creacións”, sinalou Gadis, engadindo que dende que lanzou a primeira edición do concurso, editou máis de 60.000 libros de relatos breves.

Entre os finalistas, o xurado elixirá os tres gañadores. O 1º premio levará un ebook e un cheque por valor de 100 euros, o 2º, un ebook e un cheque de 50 euros, mentres que o 3º conseguirá un ebook.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.