Finaliza con éxito de coordinación o simulacro de incendio forestal en Rianxo

05 Xuño 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o xerente da AXEGA, Marcos Araujo, a subdelegada do Goberno de España na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, participaron na mañá deste 5 de xuño nun simulacro de incendio forestal Rianxo organizado pola Xunta: a activación do Plan especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais en Galicia (PEIFOGA) e o seu paso a situación 2.

Na cita, na que tamén fixeron acto de presenza o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora territorial da Consellería de Presidencia, Mar Ferreiro, a delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo no Barbanza por “tratarse dunha das zonas de risco con máis incidencia de incendios”.

O obxectivo do simulacro, no que participaron máis dun centenar de persoas, foi comprobar a coordinación dos servizos implicados cos centros de coordinación de emerxencias no caso de situacións de lume con risco para bens, persoas e infraestruturas.

Belén do Campo explicou que o incendio iniciouse ás 8:45 horas na zona de Burés (parroquia de Asados) e foi avanzando cara ao suroeste ameazando a AG-11 e a diversos núcleos de poboación do termo municipal (Burés, O Barral, Somoza e proximidades do IES feliz Muriel) o que obrigou, por evolución desfavorábel, a declarar primeiro a situación 1 (afección leve a bens de natureza non forestal), ao redor das 10:00 horas, e máis tarde, a situación 2, sobre as 10:30 horas (que é aquela na que afecta gravemente a bens non forestais obrigando a tomar medidas de protección para a poboación) neste caso afectou a varios núcleos de poboación da parte sur do municipio e a vías de comunicación.

As actuacións propias de extinción do incendio e de protección á poboación continuaron ata ás 13:00 horas, intre no que se informou de que “xa non existían núcleos de poboación ameazados” e deuse por controlado o incendio. Belén do Campo explicou que declarada a situación 2 asume a dirección do PEIFOGA a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña coordinando os correspondentes centros de mando e control (Centro de Coordinación Operativa – CECOP e Posto de Mando Avanzado -PMA).

Con este exercicio, explicou a representante do Goberno autonómico, “tratamos de simular unha emerxencia provocada por un incendio forestal para avaliar a resposta coordinada dos diferentes corpos e servizos aplicando os plans de emerxencia correspondentes”. Así, ademais de comprobar a operatividade do PEIFOGA probouse a súa coordinación co Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA).

Ademais da extinción, neste simulacro, os participantes adestraron actividades como a realización de cortes de estradas, a posta en práctica de accións de protección á poboación consistentes en evacuacións e confinamentos, segundo a evolución do incendio, ou a elaboración dunha mensaxe a través do sistema Es Alert con indicacións sobre as medidas de protección á poboación.

O simulacro permite ademais adestrar os sistemas de comunicación, informar á poboación das medidas de autoprotección e, sobre todo, testar as tarefas asignadas aos órganos de mando e coordinación e aos distintos grupos operativos e de apoio, explicou Belén do Campo.

No simulacro participaron 100 membros do persoal e medios do servizo de Prevención de Incendios Forestais de Medio Rural, persoal da dirección xeral de Emerxencias e Interior, a Axencia Galega de Emerxencias (112 e Grupo de Apoio Loxístico), membros do Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña (Parque de Boiro), GES de Padrón, GES de Noia, Grupo Municipal de Emerxencias de Ribeira, Urxencias Sanitarias 061, Cruz Vermella Española, Unidade de Policía Adscrita (UPA – Policía Autonómica), Garda Civil, Policía Local de Rianxo e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

María Rivas salientou que o simulacro se celebrase o Día do Medio Ambiente

Na cita tamén participou a subdelegada do Goberno de España na Coruña, María Rivas, que destacou que “estes simulacros son fundamentais para asegurar que todos os medios humanos e técnicos estean preparados para actuar con eficacia e rapidez ante un incendio real. Máxime nun día como hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Paréceme unha data moi apropiada por que o tratamos é de minimizar o impacto destas emerxencias tanto no ámbito humano como no medio natural”, engadiu.

Así mesmo, subliñou a importancia da colaboración cidadá e a planificación. “A colaboración social, xunto cunha resposta institucional sólida e ben coordinada, é a clave para facer fronte a este tipo de emerxencias con garantías”, afirmou.

Para finalizar, expresou o seu desexo de que “este verán non teñamos que lamentar ningún incendio forestal e que o traballo conxunto e a prevención sigan sendo nosas mellores armas fronte ao lume”.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.