Este venres (e ata o domingo) proseguen as festas de San Pedro de Bealo

24 Xuño 2025

A parroquia boirense de Bealo celebra esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de xuño, as Festas de San Pedro, unhas celebracións que xa comezaron o domingo 22 de xuño (Día do Santísimo Sacramento, con misa solemne na igrexa parroquial e música) e que proseguen este venres 27, Día de San Antonio, cunha misa solemne na igrexa parroquial e unha verbena nocturna con Kalima 3.0 e Unión y Fuerza.

O sábado 28 de xuño, Día da Virxe do Carme, celebrarase ás 20.30 horas unha procesión ata a aldea de Bealo, onde se celebrará (sobre as 21.00 horas) unha misa solemne. Máis tarde será a quenda da verbena con Sinfonía, The Cuncas e Disco Mobil DJ Brais.

Polo que respecta ao domingo 29 de xuño, Día de San Pedro, comezará cunha misa solemne (ás 13.30 horas) amenizada con banda de gaitas seguida dunha sesión vermú con cantina, pinchos e amenizada pola solista Angie. Pola noite haberá verbena con Escaparate e Dúo do Swing Arcoiris.

Haberá polbo á feira e atraccións para a rapazada todos os días da celebración.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.