Este sábado haberá un posto de suadoiros dorneiros na explanada do porto de Ribeira (a carón do antigo palco de pedra)

26 Xuño 2025

A Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira, responsábel da Festa da Dorna, anunciou a veciños e visitantes que este sábado 28 de xuño vai estar instalada no porto, na contorna do antigo palco de pedro, un posto de venda de suadoiros dorneiros, edición 2025. Para quen sexa socio da Confraría, deberá estar minutos antes das 11.00 para solicitar a súa prenda de roupa. Os descontos aplicaranse sobre un dos suadoiros adquiridos, aínda que poderán mercar un máximo de catro. A atención ao público en xeral (non sosios) do posto de venda comezará sobre as 11.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.