A Casa da Cultura de Porto do son Son acolle este sábado 28 de xuño o festival de fin de curso da Escola de Pandeireta Sonelas e da de Música Tradicional. Será o punto e final á actividade formativa das dúas iniciativas de aprendizaxe centradas en reivindicar o rico patrimonio musical galego, unha boa oportunidade para que o alumnado demostre o aprendido durante o ano académico e os novos talentos locais elixan o camiño da interpretación e a creación musical. A cita será este sábado, día 28 de xuño, na casa da cultura a partir das 20:00 horas.




