Entregados os premios do concurso de carteis “Muros mira ao mar”

18 Xuño 2025

O Concello de Muros entregou este martes 17 de xuño os premios do concurso de carteis Muros mira ao mar, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de xullo. Dende o Consistorio destacaron “a calidade dos traballos presentados” polo alumnado da EEI Muros, CEIP Ramón de Artaza e Malvárez, CEIP Louro, CEIP Ricardo Tobío e IES As Insuas, así como os centros e asociacións inclusivas que traballan na contorna muradá: ADISBISMUR, centrada nas persoas con diversidades funcionais, e A Creba, envorcada na saúde mental.

A obra gañadora foi Cando Muros Mira ao Mar, as festas están a chegar, de Raúl Carou Figueiras, Iker Abelleira Vilaboa, Xandre Figueiras Rama e Fernando Figueiras Mayo (IES As Insuas)

Lembramos os resultados por ciclos:

-Educación Infantil: Rexoubeira, de Sabela Rey Lago (CEIP Louro)

-1º ciclo Educación Primaria: Verán, de Claudia Cernadas Olveira e Xián Figueiras Martínez (CEIP Ricardo Tobío)

-2º ciclo Educación Primaria: A cociñeira festeira, de Helena Martínez Fernández (CEIP Ramón de Artaza)

-3º ciclo Educación Primaria: La Vespita, de Álvaro Martínez Fernández (CEIP Ramón de Artaza)

-1º ciclo Educación Secundaria: O faro mira ao mar, de Iria Fernández Vigo, Lara Fernández e Sara Martínez Martínez (IES As Insuas)

-2º ciclo Educación Secundaria: Cando Muros Mira ao Mar, as festas están a chegar, de Raúl Carou Figueiras; Iker Abelleira Vilaboa; Xandre Figueiras Rama, e Fernando Figueiras Mayo (IES As Insuas)

Colectivos que traballan con persoas con diversidade funcional: Onde o mar convida, o sabor conquista, do alumnado de ADISBISMUR.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.