O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, recibiu este mércores 18 de xuño, na Casa do Concello, aos auxiliares do corpo da Policía Local que durante os vindeiros meses de verán reforzarán o equipo de axentes en Rianxo. Segundo informaron o rexedor e máis o concelleiro Julio Alcalde, “trátase dun apoio especialmente importante durante a tempada estival, unha época na que a poboación do noso municipio increméntase de xeito sensíbel e na que tamén aumentan os dispositivos especiais motivados por eventos festivos”. Como adoita acontecer ao longo deste anos, incorporáronse un total de catro axentes para reforzar a actividade da Policía Local.




