Corsario, Peperetes-Nortemar e Mauritania fanse coa 17ª Volta a Ons

04 Xuño 2025
O Corsario de Jorge Durán

O pasado 31 de maio (sábado) celebrouse a 17ª edición da Volta a Ons, a clásica regata que organiza o Club Náutico Arousa Norte que volveu contar co
patrocinio da Clínica dental doutor Gonzalo López Castro e de Atlantic Dental Institute, e que puntuou, un ano máis, para a Copa Galicia de Cruceiros. Con saída prevista ás 12.00 desde as inmediacións da enseada pobrense, varias embarcacións procedentes de distintos clubs náuticos das Rias Baixas loitaron para levarse ás súas vitrinas o prezado Faro de Ons. A saída, fronte á praia dos Areos, foi espectacularmente rápida, cun vento do NE duns 12 nós, que levou á frota a toda velocidade e cos spinnakers izados cara a fóra da ría.

Pouco despois da saída o TP52 Corsario, do Club de Iates de Vilagarcía, con Jorge Durán á roda, fíxose coa cabeza da frota e xa non a soltaría ata cruzar a liña de meta nas inmediacións da Pobra. Por detrás unha bonita loita entre Peperetes-Nortemar, Chispetrén, Siradella, Barbafeita e Galopín ata que a frota chegou ao interior da ría, cando faltaban moi poucas millas para cruzar a meta o vento decidiu tomarse un descanso e o groso da frota xuntouse.

Finalmente e despois da compensación de tempos en ORC A absoluto dominio do Corsario,
que tardou pouco mais de 4 horas en percorrer as 34 millas e segundo posto para Siradella de Francisco Gude do RCN de Portosín.

Na clase ORC B, o Peperetes-Nortemar, do RCR de Galicia, fíxose coa vitoria, pero moi axustada diante do ribeirense Galopín, de Manuel Franco. Terceiro posto para o Alpha, de Manuel Nieto.

En ORC C, o local Mauritania, patroneado por Manuel Rey, levou o Faro de Ons para as súas vitrinas, segundo posto para Piko Norte, de José Manuel Castro, do CN Boiro e terceiro para o pobrense Thor II de Guillermo Varela, do CN Arousa Norte.

Ao finalizar a regata celebrouse a entrega de trofeos nas instalacións da Mariña da Pobra onde a organización, despois de citarse con todos os participantes para a seguinte edición, agradeceu o apoio dos patrocinadores Clínica Dental Gonzalo Lopez Castro e Atlantic Dental Institute, asi como de todos os socios do CN Arousa Norte sen os cales non se podería celebrar esta clásica proba do calendario cruceirista galego.

O Galopín, do Club Náutico de Ribeira, nun intre previo á saída

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.