Clausurado no Son un curso de competencias tecnolóxicas que apoderou dixitalmente unha vintena de veciños

20 Xuño 2025

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polo orientador laboral municipal, José Manuel Pazó, estiveron presentes esta semana no acto de clausura do Curso de Competencias Dixitais, formación gratuíta destinada a fortalecer o apoderamento, a autonomía e a empregabilidade da veciñanza.

O curso, no que colaborou o Concello, foi dirixido á cidadanía inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego. Entregouse un título oficial acreditativo a todas as persoas que remataron este curso (20 persoas), que contou con 200 horas de formación. As sesións desenvolvéronse na Biblioteca Municipal en horario de mañá. Todas as persoas participantes recibiron o título oficial acreditativo e un ordenador portátil de agasallo. Os contidos foron impartidos polos profesionais de Ara Formación e Beproject Consultores, a través do programa Dixigalízate (iniciativa de adestramento tecnolóxico para as provincias da Coruña e Lugo, impulsado pola Xunta, a UE e o Goberno central).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.