Bombeiros do parque provincial de Boiro visitaron o colexio Castelao de Rianxo para formar a un cento de estudantes

12 Xuño 2025

Os bombeiros de Boiro, do Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña, visitaron na mañá deste 12 de xuño o Colexio Castelao de Rianxo para involucrar a preto de cen nenos e nenas de Infantil e primeiro de Primaria nunha charla preventiva.

A cita desenvolveuse na biblioteca do centro escolar e estivo enfocada na realización dunha evacuación coa posterior mostra dos vehículos usados durante este tipo de incidentes.

Os pequenos e pequenas mostráronse moi interesados en todo o proceso, que ademais estivo adaptado a unha linguaxe más acorde á súa idade, e mesmo puideron facer algunhas fotos cos vehículos destinados ás intervencións de rescate.

O obxectivo desta visita foi explicar e mostrarlle ao público máis mozo o que é unha evacuación tipo e que medidas poden adoptar ante unha emerxencia, como chamar ao 112. 

Dende o Consorcio explicaron que “implementar este tipo de formacións nas escolas é unha acción necesaria para sensibilizar aos máis pequenos a non ter medo de alertar ás autoridades ou profesionais, para que saiban actuar con rapidez ante un incidente e tamén para que se mostren máis seguros ante unha situación que a veces pode ser complicada”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...