Boiro abre o prazo para a solicitar a inserción de anuncios na Revista Folía das Festas do Verán

09 Xuño 2025

O Concello de Boiro abre o prazo de solicitude de insercións publicitarias das empresas na Revista Folía 2025, a revista das Festas do Verán. O prazo de solicitude está aberto ata o 13 de xuño e poderase facer mediante o Rexistro Xeral ou Sede Electrónica.

O obxectivo desta convocatoria é “que empresas e entidades interesadas en promocionar os seus negocios poden solicitar espazos publicitarios na revista das festas”. Os prezos van dende os 30 euros para 1/8 de páxina A4; 200 euros para anuncios de páxina A4 e 400 euros no caso da páxina A4 en contraportada.

O prazo de solicitude estará aberto dende o día seguinte ao da publicación do anuncio e ata o 13 de xuño e deberase facer presentando no Rexistro Xeral do Concello de Boiro unha instancia xeral xunto co xustificante do pago das taxas. O BOP do 9 de xuño publica os prezos para a contratación de espazos publicitarios.

Máis información no Centro Social de Boiro, teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.