PP e BNG tumban a cuestión de confianza presentada polo goberno de Padrón, vinculada á aprobación dos orzamentos de 2025

10 Xuño 2025

PP e BNG teñen un mes de prazo para presentar unha moción de censura. Se non o fan as contas quedarán aprobados automaticamente.

O Pleno da Corporación de Padrón rexeitou esta mañá a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais de 2025. O voto en contra do PP (6) e do BNG (1) superou os 6 votos a favor do goberno socialista, deixando aberta a posibilidade de presentar unha moción de censura durante os próximos trinta días.

O alcalde, Anxo Arca, destacou que os orzamentos, cun total de 11,1 millóns de euros, representan un incremento dun millón respecto a 2024 e son fundamentais para continuar co desenvolvemento da vila. As contas inclúen melloras destacadas en áreas como Servizos Sociais, turismo sustentable, formación para a terceira idade, comercio local e políticas de igualdade. Ademais, contemplan actuacións do Plan de Obras da Deputación da Coruña e partidas destinadas á Memoria Democrática, á praza de abastos e á nova oficina de turismo.

A portavoz do BNG, Beatriz Rey, reiterou o seu desacordo cos orzamentos, pero confirmou que non apoiará un cambio na alcaldía, o que apunta a unha posible aprobación automática das contas dentro dun mes. Pola súa banda, o concelleiro do PP, Ángel Rodríguez, insistiu en que o executivo local “non ten a confianza do PP” e que os orzamentos presentados non resolven os problemas da cidadanía.

Durante a votación, realizada por orde alfabética, os concelleiros manifestaron a súa postura, resultando no rexeitamento da cuestión de confianza e dos orzamentos. Agora, queda por ver se a oposición promoverá unha moción de censura ou se os orzamentos quedarán finalmente aprobados por defecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.