Amnistía Internacional Barbanza entrega este domingo na Pobra os premios do seu Concurso de Microrrelatos

17 Xuño 2025

¡Amnistía Internacional Barbanza celebra a entrega de galardóns anual do Concurso de Microrrelatos que organiza en colaboración con varios centros escolares da comarca. Este vindeiro domingo 22 de xuño ás 11h da mañá a comunidade educativa reunirase na praza do Cantón da Leña de Pobra do Caramiñal para este acto.

Nel participarán os alumnos premiados nas catro categorías que lerán as súas obras: 

– Alumnos de 1º e 2º da ESO

 Premio do Xurado – Alejandro Manuel Álvarez Pérez (Colexio Bayón) co relato Aimla Haila, a muller do Graffiti.

 Premio do Instagram – Daniela Miniño Martínez (Colexio Bayón) co relato ¡Oh, mi querido buda!

– Alumnos de 3º e 41 da ESO

 Premio do Xurado – Sara Torres González (IES Leliadoura) co relato Un nó de lume na gorxa.

 Premio do Instagram – Adriana Bouzas Noal (Colexio Bayón) co relato Quero ser unha bolboreta,

O xurado, composto por Toño Piñeiro, Irene Fernandez, Marta Ojea e Ana Rilo, farán entrega dos galardóns e gozaremos das actuación musicais da soprano Elisabet Lustres, de Olalla Alvite e un recital da poetisa Marta Ojea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.