Ambar realizou o seu programa de conservación das instalacións da fachada do seu Centro de Recursos

12 Xuño 2025

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puido realizar o seu programa de conservación das instalacións da fachada do Centro de Recursos, sede da entidade inclusiva emprazada no lugar de Frións (Carreira, Ribeira). A asociación informou que este proxecto é posíbel co co-finaciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende COGAMI. O obxectivo é “mellorar o estado da cuberta e fachada eliminando as filtracións e ampliando a cuberta de acceso ó centro”.

Ambar explica que melloráronse substancialmente as condicións físicas do Centro de Recursos, contribuíndo á calidade dos servizos prestados a persoas con diversidade funcional. As actuacións realizadas solucionaron problemas estruturais de humidade e filtracións, melloraron a accesibilidade e confort nos accesos, e aseguraron a conservación a medio e longo prazo das instalacións.

Os resultados obtidos compren os obxectivos previstos, e tanto o equipo técnico como as persoas usuarias manifestaron unha valoración positiva das melloras realizadas. Ambar conseguiu, a través deste programa, beneficiar a 89 persoas usuarias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.