Ambar lanza un programa radiofónico dixital para conmemorar a diversidade

27 Xuño 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede no Barbanza, presentou, coincidindo coa celebración deste 28 de xuño (Día da Diversidade Sexual), unha nova iniciativa de divulgación e sensibilización: Diversos Podcast, programa radiofónico en liña con datos curiosos, humor e “convidadas moi especiais”.

Tras meses de formación, gravación e edición e co esforzo das persoas usuarias que forman o equipo do podcast, o resultado é “un programa creado por e para a comunidade e desenvolvido con alma e corazón”, sinalaron dende Ambar, salientando tamén a vontade de mesturar información, humor e as voces auténticas de quen vive a diversidade no seu día a día.

O programa contou ca colaboración da artista e comunicadora MJ Pérez, quen transmitiu todos os seus coñecementos ás persoas usuarias, a través dunha fase inicial de formación.

O equipo podcast contou ademais cun espazo na comunidade para facer a produción, o cal foi cedido polo Concello de Ribeira.

Ademais, para a fase de gravación, a empresa BStreaming asesorou ao equipo técnico.

Temáticas que sorprenden e conectan

Ambar sinalou que xa é posíbel desfrutar dalgúns dos episodios nos que estiveron traballando David González, Sonia Alonso, Angy Devesa, Fran Romero, Bea González, Espe Silva, Manu Vilas, Manu Alonso, Noe Argibay e Vane Villar. O programa está dispoñíbel tanto en Spotify como na súa canle de Youtube buscando “Diversos Podcast Asociación Ambar”.

Por temática tócanse cuestións como os animais, a sociedade ou mesmo conspiracións e extraterrestres.

Tamén aparecen convidados especiais como Raul Treus, concelleiro de Servizos Sociais de Boiro, Antía Alberte, concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ribeira, ou o grupo asesor do Proxecto Ría de Arousa Accesíbel, no que participaron Martín Ramallo e Sheila Santos.

Todos os episodios están narrados polas propias persoas con diversidade que escolleron os temas que máis interese lles suscitaban para realizar o seu propio programa.

Xa hai cinco episodios dispoñíeis nas plataformas dixitais, en Youtube e no Spotify.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.