Agustín Agra presenta na súa terra (Noia) “Libro das contrarias), XXVI Premio Ánxel Fole de Narración Curta

25 Xuño 2025

A Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia, a Editorial Xerais e o Concello de Noia organizan esta semana a presentación a nova contribución literaria do escritor, divulgador e profesor local Agustín Agra: Libro das contrarias, editado por Xerais e gañador do XXVI Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo. A cita será este venres 27 de xuño ás 20.30 horas na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia (rúa Corredoira de Luís Cadarso nº 6). O autor estará acompañado na presentación por Isabel Santos, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Milagros Torrado, secretaria da A. C. Barbantia e Santiago Freire Abeijón, alcalde de Noia.

Por certo que o suplemento cultural A Voz de Barbantia nº 206 sairá o sábado, 28 de xuño de 2025, con La Voz de Galicia.

Sobre o libro (ficha de Xerais)

Cun foco sempre posto na ciencia e na arte, Libro das contrarias é unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacións de emoción plena.

Cóntanos a historia de Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, que se interna nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posíbel subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas (Sofía). Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposíbel a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía…

O autor

Agustín Agra (Noia 1966), profesor e escritor, é unha das figuras máis destacadas do panorama actual da literatura galega. Destacan as súas contribucións á literatura de viaxes e científica, sempre comprometida coa divulgación e a defensa do medio ambiente a través do poder da palabra. O ano 2024 foi especialmente frutífero en materia de recoñecementos, xa que tamén gañou o XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza e que resolveu distinguir O livro das contrárias, de Agustín Agra.

Agustín Ángel Agra Barreiro é un escritor e biólogo de Noia. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia e con La Voz de Bartantia. Ten publicado con notábel éxito obras infantís e xuvenís como Trampa de luz (2012, Xerais, Fóra de Xogo) ou Cor animal (2015, Kalandraka) e obras de narrativa tan destacadas como o libro de relatos Silencio, publicado en 2020. Ademais, en 2024 tamén gañou a XXIII edición do Premio Avilés de Taramancos de Relato de Aventuras por O trebón do norte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.