Aforo completo na demostración gastronómica da cooperativa OPP83 de Ribeira en Salimat

06 Xuño 2025


A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira-OPP83 desprazouse ata Salimat para presentar ao público as delicias atlánticas capturadas pola súa frota asociada no litoral galego. O resultado foi un notábel éxito de participación e repercusión, con aforo completo rexistrado durante a sesión culinaria que, segundo fixo saber a Cooperativa, “gozou de gran aceptación entre o público”.

A demostración, que se desenvolveu na caseta da Consellería do Mar da Xunta de Galicia no marco da campaña Galicia sabe aMar, contou coa participación da xerente da OPP83, María José Casais, que destacou o traballo da frota asociada na captura de peixe fresco e de proximidade mediante unha actividade pesqueira sustentábel. Casais estivo acompañada polo segundo tenente alcalde de Ribeira e concelleiro delegado de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, e o concelleiro delegado de Mar, Fernando Abraldes, que mostraron desta forma o seu apoio á promoción de produtos pesqueiros da Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira.

Grazas á boa man da chef Criselda Iglesias, do Espazo Gastronómico Remollo, as elaboracións non defraudaron aos presentes que puideron deleitarse co sabor e a frescura da sardiña, xurelo e lirio de Ribeira, produtos maridados cunha axeitada selección de viños de Ribeira Sacra. A cociñeira destacou a calidade dos produtos pesqueiros achegados pola OPP83 e presentou unha sorprendente mestura de ingredientes que encandearon ao público: ensalada de xurelo curado marinado en aceite de oliva, sardiña e verduras en tempura con maionesa de codium, e Lirio de Ribeira asado encurtido de verduriñas.

A Cooperativa destacou que as tres elaboracións “deixaron un moi bo sabor de boca entre os comensais”, que tamén puideron descubrir calidades nutricionais destes peixes e trucos de cociña.

Esta acción promocional forma parte do PPyC 2025 da OPP83 de Ribeira, co-financiado pola Xunta de Galicia e o FEMPA. Con esta iniciativa, a Organización de Produtores Pesqueiros ten o obxectivo de fomentar o consumo de peixe entre a poboación, promocionar os produtos pesqueiros da súa frota asociada e fortalecer a presenza da súa marca, Lirio de Ribeira, entre o público.

O Lirio de Ribeira, marca rexistrada en 2022 e recoñecida pola Oficina Española de Patentes e Marcas é unha especie pesqueira de excelente calidade que se captura seguindo estritos parámetros de calidade e frescura chegando a porto en menos de 7 horas desde augas galegas.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.