Accidente con feridos no lugar de O Confurco, no concello de Lousame

16 Xuño 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron requiridos esta pasada noite por un accidente de tráfico con feridos no cruzamento do lugar de O Confurco, no concello de Lousame, concretamente no punto quilométrico 6 da DP-1104 dirección Boiro.

Foi o 112 quen deu o aviso ás 21:08 horas indicando que se producira un accidente con dous vehículos implicados e varias persoas feridas. Ninguén se atopaba atrapado, pero as vítimas foron trasladadas polos sanitarios.

Os bombeiros procederon á limpeza da vía mentres a Garda Civil controlaba o tránsito.

Tamén participaron o GES e 061 de Noia.

Foto compartida polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.