Abanqueiro recupera as súas Festas do Carme

16 Xuño 2025

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do Serán de Abanqueiro xunto con María Dolores Dieste, membro da nova directiva da Comisión Virxe do Carme de Abanqueiro. Este sábado 21 terá lugar un serán que sirva como carta de presentación da nova asociación.

“Xuntámonos un grupo de xente para retomar a festa do Carme de Abanqueiro que levaba varios anos xa sen celebrarse e estamos xa a traballar na festa que terá lugar o primeiro domingo de setembro”, afirmou Maria Dolores Dieste. Para darse a coñecer este sábado 21 de xuño organizan un serán nas inmediacións do Centro Social de Abanqueiro.

O serán de Abanqueiro dará comezo ás 20.30 horas con musica tradicional e degustación de paella e contará con DJ Jalaiko para rematar o día. Ademais o programa inclúe unha homenaxe ao Abanqueiro SD polo seu ascenso de categoría nesta tempada.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu á nova comisión pola súa implicación para “retomar unha das festas tradicionais da parroquia de Abanqueiro” e mostrou o compromiso do Concello de Boiro en apoiar estas iniciativas da veciñanza ademais de convidar á xente da parroquia e de Boiro a que se achegue este sábado a Abanqueiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.