A Xunta investirá 12 millóns na mellora do firme da Autovía do Barbanza (AG-11)

03 Xuño 2025

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a contratación dos traballos de renovación do firme da Autovía do Barbanza (AG-11), cun investimento previsto de 12 millóns de euros. A intervención afectará aos algo máis de 40 quilómetros da vía, tanto no tronco principal como nos seus enlaces, co obxectivo de mellorar a seguridade e comodidade da circulación.

Os traballos inclúen a renovación do pavimento, a sinalización horizontal, o balizamento e outros elementos de seguridade. Nos últimos 500 metros da vía instalaranse balizas no centro da calzada para reforzar a separación entre sentidos, mellorando así a seguridade viaria.

Segundo a Xunta, esta actuación responde á necesidade de renovar unha infraestrutura que acumula máis de 15 anos de uso continuo. A AG-11 vertebra as comunicacións entre os concellos do Barbanza e as áreas de Santiago e Padrón, conectando directamente coa AG-56 e a AP-9.

A obra terá como obxectivo final garantir unha condución máis segura e cómoda para os usuarios da vía, ao tempo que se reforza a funcionalidade dunha autovía fundamental para o tecido socioeconómico da comarca.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.