A vela será a protagonista na charla que impartirá Juan Lustres Lampón na sala polivalente do Auditorio de Ribeira

04 Xuño 2025

No marco dos actos do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se van a celebrar do 17 ao 20 de xullo en Ribeira, presentouse este 4 e xuño unha charla que terá lugar o vindeiro xoves 10 de xuño e que leva por título A vela: tradición, deporte e paixón e será impartida polo veciño de Ribeira, Juan Lustres Lampón na sala polivalente do Auditorio Municipal.

Na presentación da charla participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, o propio relator, Juan Lustres e David Fernández, representante da Confraría da Dorna.

A concelleira subliñou que ”facendo homenaxe e honra a ese encontro de embarcacións, estamos facendo ao longo do ano actividades paralelas para darlle un pouquiño de pulo a este gran evento que imos ter no verán”.

Antía Alberte presentou a Juan Lustres coma un veciño máis de Ribeira “que estivo anos fóra como bo galego, viaxou por moitas partes do mundo e ten moita experiencia co tema da vela, participou en numerosas regatas por diferentes meridianos do planeta, e aparte de ter esa experiencia e bo saber, tamén ten paixón por este deporte”.

Lustres adiantou que vai ser unha charla sinxela onde se mostrarán aos asistentes os conceptos básicos e os mecanismos para navegar a vela, “ideal para as persoas que queiran iniciarse neste mundo”. Aparte de ilustrar sobre os
conceptos básicos da navegación a vela, Juan Lustres viaxará até os comezos da vela e a navegación de cabotaxe, contextualizando sobre as embarcacións propias da ría de Arousa.

Dende a concellería de Cultura e a Confraría da Dorna animan á veciñanza a embarcarse na sala polivalente o vindeiro xoves 10 de xuño.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.