A praia de Broña (Outes) acolle este xoves unha xornada de voluntariado e limpeza de lixo

02 Xuño 2025

A Aula Sostible do Freixo (Outes) vai organizar unha actividade de voluntariado para retirar lixo da praia de Broña, no concello de Outes. A xornada colectiva de limpeza celebrarase este xoves 5 de xuño no devandito areal, onde serán benvidas todas as persoas que se acheguen a colaborar. Trátase dunha xornada organizada desde a Aula Sostible do Freixo, a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, a Asociación Misela e máis o Concello de Outes, coa colaboración da asociación ambiental Noia Limpa e as entidades inclusivas ADISBISMUR e A Creba Saúde Mental. A xeira de traballo desenvolverase entre as 11.00 e as 13.00 horas. As persoas interesadas en participar ou en obter máis información sobre a xornada de voluntariado poden chamar ao seguinte número de teléfono: 627 570 949.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.