A praia de Area Maior impulsa a presenza da píllara das dunas con catro novos niños

09 Xuño 2025

O Concello de Muros está a dar novos avances para blindar nos areais locais a protección da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Segundo confirmaron no Consistorio, parte dos esforzos estanse a focalizar na praia da Area Maior, onde xa hai a día de hoxe catro niños da devandita ave costeira, especie protexida en risco de desaparición, especialmente vulnerábel pola presión humana na nosa costa. O Concello confirmou que un dos niños está protexido con gaiola e os outros tres atópanse nas dunas. Indican tamén que “para preservar esta fauna protexida”, cómpre lembrar que non está permitido o acceso ás dunas.

“Temos un ecosistema natural privilexiado en Muros, un tesouro que temos que coidar”, informou recentemente a alcaldesa, María Lago, responsábel tamén da área de Medio Ambiente municipal. Tamén recordou que con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente (o pasado xoves 5 de xuño), publicouse a aprobación definitiva da nova ordenanza de praias do Concello de Muros, unha folla de ruta para mellorar a saúde das persoas e a conservación do noso entorno natural.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.