A Pobra organizará unha carreira solidaria a favor da Asociación Anedia, dedicada á atención das persoas con diabetes

05 Xuño 2025

A Pobra do Caramiñal converterase, dentro dun mes, no escenario da IV Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes. A proba, que se desenvolverá o sábado 5 de xullo, está organizada polo Concello, a Asociación ANEDIA, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. O prazo de inscrición para anotarse está xa dispoñíbel, podendo participar tanto atletas federados como non federados.

Os corredores tomarán parte na proba divididos nas seguintes categorías en función das súas idades: sub-6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20 e 23; sénior (do 2002 ata os 35 anos) e máster 1, 2, 3, 4, 5 e 6, para persoas de entre 35 e máis de 60 anos. Neste listado hai que sumar, así mesmo, a modalidade Zapatilla inclusiva, dirixida a todas as idades

En canto ao percorrido, o punto de saída e a liña de meta serán na praza Segundo Durán, pero a distancia variará tamén en función da idade dos corredores. Os nenos e nenas da sub-6 cubrirán 250 metros, os da sub-8 400, os da sub-10 farán 600 metros, sub-12, 14 e 16 un quilómetro e o resto de persoas realizarán un traxecto de tres quilómetros.

As probas comezarán ás 20.30 horas e o inicio realizarase por quendas en función das categorías, arrincando a última ás 22.00 horas. A entrega de premios aos mellores terá lugar ás 22.30 horas, e outorgaranse trofeos para o primeiro clasificado e medallas para os que acaden os segundos e terceiros postos, así como medallas para todos os nenos da sub-6 e sub-8.

Os cartos recadados destinaranse, integramente, á Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes. A entidade leva anos traballando para garantir a correcta atención a nivel educativo, laboral e sanitario das persoas con diabetes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.