A Pobra continúa coa súa campaña de rozas de camiños de titularidade municipal

07 Xuño 2025

A campaña de limpeza e control de biomasa en vías e camiños, nas rutas de sendeirismo e na zona do paseo do Areal continúa en marcha. Trátase duns traballos que a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, cualifica de “esenciais para pór a punto as vías camiños e lugares de esparexemento de cara á época estival”. As tarefas contan cun investimento próximo aos 100.000 euros e a previsión é prorrogalas ata principios de xullo.

Por unha banda, o Concello está xestionando a biomasa nos camiños e vías de competencia municipal e nas estradas AC-305 e na AC-302. O obxectivo, neste caso, é reforzar a seguridade, garantindo unhas mellores condicións para o tráfico rodado e peonil. En paralelo, o Concello está acometendo tamén a limpeza na contorna do Areal e das rutas de sendeirismo, lugares que contan cunha gran afluencia na época estival.

As tarefas están sendo executadas por dúas empresas locais, así como por persoal da Asociación Amicos. Entre os labores que se están levando a cabo están as rozas, o acondicionamento de zonas axardinadas e corte da herba e as tarefas de limpeza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.