A Maker Faire Galicia arrinca a súa XI edición cunha xornada sobre emprendemento e innovación social

09 Xuño 2025

A Maker Faire Galicia, evento compostelán centrado na vertente máis argalleira e participativa da tecnoloxía, celebrará a súa XI edición mantendo o formato que estreou o ano pasado, con tres xornadas temáticas en diferentes espazos da cidade. A primeira das citas será este sábado 14 de xuño, cun programa dedicado ao emprendemento e a innovación social que se celebrará en Área Central e que inclúe numerosas actividades para toda a familia.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou a XI Maker Faire Galicia nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Pablo Fernández López, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia; e María Parga, responsábel de comunicación da Maker Faire Galicia.

A tenenta de alcaldesa explicou que a Maker Faire mantén o formato estreado na pasada edición “con tres xornadas que ademais abordarán temáticas que son de moito interese para a concellaría de Promoción Económica: emprendemento e innovación social, industria e oficios”. María Rozas lembrou que o Concello mantivo o seu apoio a este evento desde a súa primeira edición, “que contribuíu promover o movemento maker en Santiago (o movemento que reivindica a creadora ou desenvolvedora tecnolóxica que levamos dentro), hoxe consolidado e mesmo cun pioneiro espazo municipal na Casa das Asociacións de Cornes”.

En representación da organización da Maker Faire, María Parga agradeceu o apoio de todas as administracións implicadas no evento, “que quere ser unha feira totalmente accesíbel, aberta ao coñecemento e que democratice o mundo maker”.

A primeira das xornadas da Maker Faire Galicia, o sábado, 14 está dirixida ao público xeral, con especial foco en familias, mocidade e colectivos con interese en transformar o mundo dende o local. Contará con charlas, obradoiros, espazos expositivos e máis de 45 proxectos creativos, tecnolóxicos e sociais. A xornada desenvolverase en Área Central desde as 10.00 ata as 20.00 horas.

No que ten que ver coas charlas, falarase de cuestións moi diversas como a inclusión laboral das persoas con diversidades; a utilización da IA a educación, o papel da muller na ciencia; as ferramentas inclusivas para o xogo de nenos e nenas neurodiverxentes ou a industria do videoxogo.

En canto aos obradoiros, haberá cinco zonas diferenciadas, con obradoiros sobre cianotipia, robótica con Lego, maxia e ilusionismo, ou realidade virtual con EVOA e Drone Soccer.

Na primeira xornada da Maker Faire Galicia poderanse descubrir tamén unha gran variedade de proxectos que unen tecnoloxía, creatividade, sustentabilidade e compromiso social, con presenza de centros como Vermislab; o IES Sánchez Cantón, o IES Maximino Romero; ou iniciativas como XuvenCiencia, Arkitas, Makergal 3D, Chafarís, Luxsit Technologia SL, LMT – Local Meeting Translate, Resib Labs, Neoonos, FAB LAB Barcelona ou Napalmadaman, abordando temáticas como a saúde, a IA, a robótica, o medio ambiente, a impresión 3D, a accesibilidade ou a educación creativa.

Como en edicións anteriores, haberá tamén un espazo de ludoteca con actividades para a cativada durante todo o día.

Vindeiras xornadas da Maker Faire

As seguintes xornadas da Maker Faire Galicia celebraranse na Casa das Máquinas. Serán o 31 de outubro, cunha sesión dedicada á industria e que pretende ser un encontro profesional con empresas, centros de coñecemento e startups; e o 21 de novembro, coa xornada de oficios e cultura maker, para poñer en valor os oficios tradicionais e a transmisión interxeracional de saberes, conectando coas novas xeracións.

Compromiso coa accesibilidade

A Maker Faire Galicia reafirma tamén nesta edición o seu compromiso coa accesibilidade. Por iso, todas as charlas contarán con intérprete de lingua de signos, e os carteis dos proxectos maker estarán adaptados en braille para garantir unha experiencia inclusiva para todas as persoas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...