A igrexa de San Martiño de Oleiros acollerá un concerto de cámara de música antiga

20 Xuño 2025


O Conservatorio Profesional Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) acolleu este venres a presentación do concerto de música antiga
que se celebrará este sábado día 21 en Oleiros, na igrexa de San Martiño, a cargo da orquestra de cámara Ensembre Hotteterre con entrada de balde.
A presentación contou co trío de músicos integrantes da agrupación, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e Ánxela Vidal, profesora do Conservatorio de Música de Ribeira e promotora do Seminario de Música Antiga e Gaita de Fol.

Cruz Rivadulla informou que o concerto de mañá será ás 19:00 h e que este concerto “vén sendo o colofón final do Seminario de Música Antiga do conservatorio”. Rivadulla animou a veciñanza que lle guste a música clásica que “teñen unha oportunidade de ver un concerto inédito de música antiga nunha das capelas mas senlleiras do municipio, todo un luxo”.

Por outra banda, Ánxela Vidal sinalou que o que se presenta é o concerto de clausura do curso de música antiga “no que levamos dúas edicións
organizando dende o conservatorio”. O concerto está organizado polo departamento de instrumentos antigos do que Ánxela é a responsábel.

No caso do seminario en concreto, Vidal significou que “a gaita de fol é un instrumento que normalmente o asociamos á música tradicional e popular;
sobre todo na nosa terra, pero neste caso, neste contexto, queremos tratalo coma un instrumento erudito da música culta porque realmente ten un
transcurso histórico moi grande que comeza dende a idade media e que realmente ten un repertorio que socialmente é descoñecido, entón parécenos importante impulsar o recoñecemento deste repertorio”.

Mañá sábado ás 19:00 horas os amantes da música clásica teñen unha cita en Oleiros.

    Outros artigos

    Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

    A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

    “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

    Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

    “La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

    “La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

    LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.