A firma rianxeira D-due gaña o I Premio Luís Seoane de deseño

12 Xuño 2025

A firma de moda D-due, con sede en Rianxo, resultou finalmente a gañadora do I Premio Luís Seoane de deseño, convocado polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña.

As e os integrantes do xurado do premio da Deputación

O proxecto que dirixen Charon Froján e Alfredo Olmedo foi escollido por maioría, entre as dez candidaturas presentadas, por un xurado que presidiu a deputada de Cultura, Natividade González, formado pola vicedecana da Facultade de Deseño da UVIGO, Cristina Varela; a deseñadora gráfica e presidenta da DAG, Raquel Boo; o deseñador dixital Óscar Otero; a profesora do Master de Deseño de moda da UVIGO, Dolores Dopico, e o profesor e crítico de arte Carlos Bernárdez. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción social, Cultura e Deportes da Deputación.

Do traballo de D-due, o xurado valorou a súa capacidade para “potenciar o deseño dunha maneira radical, en vínculo co territorio, os procesos artesanais e o contexto local, e a súa aposta por traballar no global desde o próximo, cunha proxección internacional desde o rural, en coincidencia coa maneira de entender o deseño que tiña Luís Seoane”.

Natividade González deu os parabéns á firma e salientou que “a súa capacidade para integrar a artesanía téxtil e a tradición galega cunha visión contemporánea e internacional é un exemplo do que pretendemos fomentar con este premio”.

“D-due”, engadiu, “non só representa a excelencia no deseño, senón tamén a capacidade de proxectar a nosa identidade e a nosa creatividade máis aló das nosas fronteiras”.

A firma

A fidelidade ao legado herdado, ao valor do traballo cun enfoque ante todo artesanal, que se plasma en telas ilustradas a man e series personalizadas, son algúns dos sinais de identidade de D-due, que leva mostrando as súas creacións durante máis de vinte anos por todo o mundo: nas semanas da moda de París, Milán, Madrid, Barcelona, Berlín ou Toquio, entre outras citas nas que estivo presente temporada tras temporada.

Esa dimensión internacional non sen entende, en palabras de Froján e Olmedo, “se non mirásemos ás nosas orixes, porque é precisamente no local, na conexión coa identidade, a paisaxe e a cultura de Galicia, onde se asenta a nosa linguaxe”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.