A campaña da ABE “Dá a cara polo comercio local” pecha cun gran éxito de participación e a entrega de tres lotes de agasallos

23 Xuño 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de pechar a súa campaña Dá a cara polo comercio local cun balance moi positivo: 219 persoas participaron nas votacións a través da web da entidade empresarial, elixindo a súa frase favorita entre as oito propostas protagonizadas por familias reais de Boiro.

A frase máis votada da campaña foi: “Cada vez que apostamos polo local, dicímoslles ás nosas fillas que aquí tamén hai FUTURO”, que acadou o 24,7 % dos votos.

A acción, visíbel en máis de vinte puntos da vila mediante pancartas, lonas e monólitos, apostou por dar voz á cidadanía e reforzar o valor do comercio de proximidade como parte da vida cotiá.

Como recoñecemento á implicación da veciñanza, a ABE sorteou tres lotes de agasallos entre todas as persoas participantes, que inclúen un reloxo intelixente (smartwatch) uns auriculares sen fíos e un bono de compra de 100 €.

Finalmente as persoas gañadoras foron Rosalba Ruiz Lojo, María Luisa Lojo Lojo e Patricia Míguez.

As tres recibirán os seus agasallos nos próximos días.

“Esta campaña foi unha maneira diferente de conectar co público, poñendo rostro e mensaxe a algo tan importante como é mercar no comercio local. Queremos agradecer a enorme resposta da xente e seguir traballando en accións que dean visibilidade aos nosos negocios”, sinalou Daniel García, presidente da ABE.

A campaña estivo co-financiada pola Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello de Boiro. Os elementos visuais da campaña permanecerán nas rúas ata o 31 de agosto, mantendo viva a mensaxe de que mercar en Boiro é apostar por un pobo con vida e futuro.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.