A Asociación de Xubiladas/os de Boiro pide investir os fondos da nova Casa da Cultura nunha residencia para maiores

01 Xuño 2025

A Asociación de Xubiladas/os de Boiro reclama investir os 4,3 millóns previstos para a nova Casa da Cultura nunha residencia para maiores

A Asociación de Xubiladas e Xubilados de Boiro fixo público un comunicado no que critica o proxecto do actual alcalde de construír unha nova Casa da Cultura con fondos municipais, por consideralo innecesario e faraónico. A entidade solicita que os 4,3 millóns de euros previstos para esta infraestrutura sexan destinados, en cambio, á creación dunha residencia-xeriátrico no municipio, a través dun convenio coa Xunta de Galicia.

Remitida

No escrito, asinado polo presidente da asociación, Manuel Velo, deféndese a validez da actual Casa da Cultura, construída antes de 1995 e que conta, segundo relatan, con instalacións de calidade como biblioteca, aulas de formación, auditorio moderno e múltiples espazos para actividades culturais e sociais. Lamentan que os gobernos municipais posteriores foran reducindo os usos do edificio e que agora se pretenda abandonalo.

A asociación lembra que hai máis de seis anos que se aprobaron mocións para ceder á Xunta unha parcela de máis de 5.000 metros cadrados na Rúa María coa fin de construír unha residencia para maiores, pero acusan ao alcalde de non avanzar neste compromiso.

Sinalan que Boiro conta coas mellores condicións urbanísticas para un centro de atención a maiores: zonas chan, rúas amplas e paseos accesibles xunto ao mar e a ríos como o Barbanza, o Breiro ou o Coroño.

O comunicado remata facendo un chamamento á reflexión e á prioridade do benestar das persoas maiores fronte a novos proxectos “sen sentido”, segundo a entidade.

A Asociación de Xubiladas/os de Boiro reclama investir os 4,3 millóns previstos para a nova Casa da Cultura nunha residencia para maiores

COMUNICADO:

ARGUMENTOS DA ASOCIACIÓN DE XUBILADAS/OS DE BOIRO

Sendo eu Alcalde fixemos a Casa de Cultura de Boiro acusándome de ser obra faraónica. Mentras fun Alcalde hasta o ano 1995 todos anos había actividades participando con entusiasmo a veciñanza. Antigamente tiña cafetería sendo sacada, e ten sala de exposicións, ampla biblioteca, 8 aulas dedicadas a diversos cursos de informática, talleres culturais, cestería, medio ambiente, imaxe, animación á lectura, canto coral, música, ensinanza en distintas materias, etc.. O auditorio moi ben insonorizado, e boa acústica, butacas cómodas. Escenario con tecnoloxía moderna para teatro, conferencias, congresos, concertos musicais. Radio municipal donde participaban partidos políticos, de fútbol, asociación de veciños, artistas, oradores.
Serei creído cando me fun. (acompaño un programa de actividades). A Casa de Cultura ten unha construcción solida e en bo estado, moi integrada no paisaxe do Parque da Cachada. Solo necesita pintado limpo os canelos das follas dos árbores, e retomar as actividades. ¿Para que se quere un mamotreto mais grande si o goberno no é capaz de aproveitar a casa de cultura actual?. Calefacción radial esta ben posée as tecnoloxías avanzadas para levar a cabo a ‘promoción cultural que necesita Boiro.

Os Alcaldes que sucederon pouco a pouco foron sacando as actividades. Agora para rematala o Alcalde Martiño remata a faena derivando a Casa de Cultura do fillo predilecto de Boiro, Don Ramón Martínez López gastando 4.300.000 €. e a eso súmalle o 25% do IBI, e outros mais, mentres Boiro ten mais de 1800 maiores de subsidio, non son capaces de facer unha Residencia. Xa fai 30 anos que os xubilados pedimos unha e non fixemos na miña época. O Alcalde Martiño leva 6 anos mal gastando os presupostos e a ultima hora quere facer o seu Gaias.

Hai 6 anos que foron aprobadas mocions en pleno para por a disposición da Xunta mais de 5.000 m2 na Rua Maria, pero Martiño non se moviu. Pero os xubilados de Boiro queremos que eses 4.300.000 de euros se faga un Convenio ca Xunta de Galicia para facer unha Residencia-Xeriátrico en Boiro. É necesario, pero tamen temos as millores condicions para dar calidade de vida os nosso maiores por ser o millor urbanizado e orografía plana sin pendientes para andar. Temos tres paseos urbanos marabillosos o lado do mar, Barraña, Rio Breiro e Coroño, e Ruas e aceras anchas para a mobilidade dos maiores.

Boiro 30/05/2025
A DIRECTIVA
Asdo: o Presidente Manuel Velo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.