A agrupación UCIN, crítica co Concello de Boiro pola “falta de socorristas nas praias”

05 Xuño 2025

A agrupación UCIN Galicia lanzou un comunicado crítico co Concello de Boiro por, nas súas palabras, “falta de dedicación do Goberno local ante os problemas que expoñen moitos veciños e veciñas da localidade”. No comunicado UCIN pregúntase pola presenza de socorristas nas praias de Boiro: “Xa estamos en xuño e o Executivo local segue sen persoal de salvamento nas praias, ou é que agardamos a que haxa unha traxedia para actuar?”. Sinalan que “Boiro adoitaba ter varias praias con bandeira azul, o que convertía o concello nun destino atractivo para turistas e locais”. Porén, sinalan, “en 2025, o concello non obtivo ningún distintivo desta índole, malia ser unha das localidades galegas con maior número de praias con este recoñecemento no pasado, pero as esixencias para a concesión da bandeira azul fixeron que Boiro non cumpra os requisitos este ano”.

UCIN Galicia tamén critica o estado no que se atopan os parques infantís, que, segundo sinalan, “están abandonados” e, engaden: “A maioría presentan unha deterioración permanente e moitos son directamente perigosos, mesmo non teñen previsto ningún plan de mantemento para emendar as deficiencias”.

José Luis Calo, responsábel de UCIN Galicia, sinala que “unha institución como o Concello de Boiro debería ter un alcalde centrado en resolver os problemas dos cidadáns e quedar á marxe dos intereses partidistas, cousa que parece non haber interiorizado o rexedor, que leva en campaña desde que chegou á alcaldía”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.