A ABE e Kracia Comunicación encherán as redes de contidos audiovisuais sobre os negocios de Boiro

17 Xuño 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) lanzou neste ecuador do mes de xuño unha nova campaña de dinamización comercial. Trátase de Sabías que?, unha acción de comunicación que, en palabras da ABE, “busca achegar aos negocios de Boiro todo o valor que supón formar parte da asociación empresarial da vila”. A través desta campaña, a ABE irá publicando de forma periódica nas redes contidos divulgativos que explican, “dun xeito próximo e visual”, algúns dos servizos máis útiles que ofrece á súa base social, así como proxectos que están actualmente en marcha. O obxectivo é dobre: reforzar o vínculo coas máis de 200 empresas asociadas e animar a novos negocios a sumarse.

O primeiro exemplo desta campaña céntrase no que para a ABE constitúe un dos servizos máis potentes do momento: a gravación mensual de vídeos profesionais para redes sociais, unha iniciativa desenvolvida coa axuda da axencia Kracia Comunicación. Durante seis meses, esta axencia está visitando e gravando negocios asociados para xerar contidos audiovisuais de calidade que se publican nas contas de Facebook e Instagram da ABE.

A campaña Sabías que? explica, por exemplo, que a intención é que as máis de 200 empresas asociadas aparezan de maneira rotativa nos vídeos e que as gravacións realízanse unha vez ao mes, polo que, segundo apunta a patronal de Boiro, “os negocios que aínda non saíron non teñen que preocuparse, xa que terán o seu espazo ao longo do proxecto”.

Como complemento, a campaña inclúe tamén vídeos protagonizados polos propios asociados, nos que contarán en primeira persoa como valoran os servizos da ABE, que beneficios lles achega pertencer á asociación e por que recomendan formar parte da comunidade empresarial boirense.

Sabías que?, explica a ABE, “nace como unha campaña viva e dinámica que continuará ao longo do ano, incorporando novas accións, vantaxes, formacións, campañas e servizos, sempre coa finalidade de poñer en valor o traballo da nosa asociación e seguir facendo comunidade entre as empresas de Boiro”.

“Queremos que os negocios de Boiro, tanto os que xa están asociados como os que aínda non o están, coñezan todo o que lles podemos ofrecer. Sabemos que moitas veces o valor dunha asociación non se percibe ata que se vive, e con esta campaña queremos facelo visíbel”, explica Daniel García, presidente da entidade.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.