A 2ª edición do Festival Salmoira encherá de cor as fachadas de Ribeira

26 Xuño 2025

Despois dunha exitosa primeira edición o Festival Salmoira retoma a súa actividade cunha 2ª convocatoria e con novos artistas da arte mural urbana como Lidia Cao, Mon Devane, Fernando Yáñez e como novidade a intervención de colexios e asociacións locais.

Os detalles da nova entrega foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura, Antía Alberte, que manifestou que esta segunda edición do Festival Salmoira, “comeza para consolidarse, aínda máis, con artistas do mundo do mural galegos e galegas moi consolidados e que traspasan fronteiras”.

Segundo explicou, vaise intervir e estase a intervir en diferentes espazos do municipio, e como novidade nesta edición, vaise incluír unha nova categoría: Zona Pios para murais máis pequenos ou amateur, demandados por diferentes colexios e asociacións locais.

Alberte engadiu que tamén “temos o mural que se está a facer na praza de España; no que colaboran Amicos, A Creba e O CEIP O Grupo; un mural que fixeron o CEIP Heroínas de Sálvora en Aguiño; un mural en Frións pintado polo Colexio Bayón e outro en Artes feito polo CEIP de Artes”.

Por outra banda a concelleira pasou a presentar os muralistas de gran formato, comezou falando de Mon Devane, “un recoñecido artista urbano ourensán que fará un mural homenaxe ás cantareiras na rúa Miguel Rodríguez Bautista”.

Contarase tamén con Lidia Cao que intervirá no mes de xullo “nunha gran fachada do Malecón”. A concelleira explicou que Lidia é oriúnda de Ordes e seu estilo son personaxes femininos acompañados de estampados en tonalidades azuis, moradas e mostaza.

Para finalizar Antía Alberte presentou a Fernando Yáñez, o coñecido pintor que usa a arte para loitar contra a enfermidade de Dent: “Neste caso intervirá como artista na rúa Canarias cun mural adicado a Castelao na súa faceta máis figurativa nun ano no que se celebran os 75 anos do seu pasamento”.

Para rematar a presentación a concelleira concluíu que “o suma das obras do festival teñen como fío condutor mostrar unha historia dunha vila galega mariñeira vinculada ao mar e á salmoira”.

Tense previsto que para o comezo da Festa da Dorna os murais xa estean rematados.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.