As altas presións desprazaranse cara ao norte este xoves, permitindo a entrada de aire frío en altura. Esta situación traerá consigo un aumento da inestabilidade atmosférica, mantendo a circulación de nordés.
Agárdanse ceos nubrados e chuvascos con posibilidade de treboadas pola tarde, especialmente no interior e no sur, sendo menos probables no terzo norte. As temperaturas manteranse sen grandes cambios, aínda que se prevén mínimas lixeiramente máis altas no interior e máximas algo máis baixas nas Rías Baixas (10/22 graos).
O vento soprará do nordés frouxo pola mañá e moderado pola tarde, con intensidade forte no litoral entre Bares e Fisterra.

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove




