Xornada de portas abertas na Casa da Troia polo Día Internacional dos Museos

14 Maio 2025

O “Museo Casa de la Troya” reabre este xoves, 15 de maio, polo Día Internacional dos Museos -que se celebra o vindeiro domingo, día 18-, comezando así a súa temporada de primavera-verán, que se prolongará ata mediados de outubro. Con motivo desta efeméride, terá lugar unha xornada de portas abertas o propio xoves, con visitas guiadas cada media hora para grupos cun máximo de doce persoas. O horario da Casa de la Troya é o habitual, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas. O museo abrirá de xoves a sábado ata mediados de xullo, e logo xa en horario continuado (de martes a sábado) ata outubro, pechando domingos e luns.
Benigno Amor é o director do museo e presidente da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, entidade que xestiona o museo. Indica que “as visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos”. Anima a todos os composteláns e aos visitantes a que se acheguen a coñecer e percorrer a vella pensión de estudantes que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela La Casa de la Troya e salienta que “nesta nova temporada agardamos superar a cifra de visitantes do ano anterior”.
O 23 de maio regresarán os Roteiros Troyanos, percorridos teatralizados polo casco histórico da cidade e a Casa de la Troya, guiados por Casimiro Barcala, personaxe da novela de Lugín. Algún destes roteiros levará o acompañamento musical de Troyanos de Compostela, a agrupación de pulso e púa do museo. Os interesados en participar nesta actividade, que se prolongará durante todo o verán, deberán facer a súa reserva a través dos teléfonos (981 585 159 / 695 211 266) ou do correo electrónico do Museo ( visitas@lacasadelatroya.gal ).
Unha antiga pensión de estudantes
A Casa de la Troya abría as súas portas como museo en Santiago hai 31 anos, o 27 de febreiro de 1993. Recrea a antiga pensión estudantil inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela do mesmo título. Está ambientada con mobles e útiles da época. Conserva fotografías, cadros e obxectos diversos que pertenceron a algunhas das persoas reais que inspiraron os personaxes que aparecen no libro; ademais dunha biblioteca histórica, que se compón de exemplares de distintas edicións da novela, de autores relacionados coa obra de Lugín e outros de temática compostelá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...