Un Xulgado de Santiago rexeita adoptar a medida cautelar de anular a expulsión do PSOE de catro concelleiros

19 Maio 2025

 O Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela acorda rexeitar a solicitude de medidas cautelares realizada polos catro concelleiros expulsados do PSOE, os cales interesaban que se declarasen nulas e se revogasen na súa integridade as sancións que lles impuxo a Comisión Executiva Federal, ratificadas pola Comisión Federal de Ética e Garantías, así como que se declarase o seu dereito a ser repostos na plenitude dos seus dereitos persoais e políticos, tanto como afiliados ao PSOE como na súa condición de cargos públicos electos adscritos a este na corporación municipal de Santiago de Compostela. Todo iso por considerar que, coas sancións impostas, se vulnera o seu dereito á participación política recollido no artigo 23 da Constitución Española.

A xuíza indica no auto que o feito de que non poidan formar parte “das comisións ou outros órganos colexiados locais como as comisións informativas, dos consellos de administración daquelas empresas en que estea prevista a presenza de representantes municipais, dos consellos de participación como as relacións veciñais, aínda que poidan menoscabar dalgún modo o dereito recoñecido no artigo 23 CE, non afecta ao núcleo da súa función representativa”.

Así, sinala que, atendendo ás normas e doutrina xurisprudencial expostas no auto, se pode concluír, “neste momento procesual e só aos efectos da adopción de medidas cautelares”, que a invocada vulneración da legalidade ordinaria nos expedientes de suspensión de militancia, inhabilitación e expulsión do partido e do artigo 23 da CE nas súas vertentes de permanencia no partido e de participación política, “ao non afectar ao núcleo da función representativa”, non lesiona o dereito fundamental aludido nas súas distintas vertentes, o que impide “apreciar a existencia da aparencia de bo dereito e, en consecuencia, adoptar medida cautelar algunha, pois para iso han de concorrer todos os requisitos establecidos nos artigos 728 e ss. da Lei de Axuizamento Civil”.

“O paso á condición de non adscrito supón a perda de dereitos e atribucións que a lei establece en consideración ao grupo municipal, pois se non se pertence a el non se pode gozar dos seus beneficios, pero non daqueles que constitúen o núcleo da función representativa”, salienta a xuíza no auto, que non é firme, pois cabe presentar recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.  

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.