Un concurso de arquitectura marcará o futuro da fachada marítima da Pobra do Caramiñal

23 Maio 2025
Imaxes aéreas da Fundación RIA

O Concello da Pobra do Caramiñal, a Fundación RIA e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) xuntaron forzas para impulsar un concurso de arquitectura que marcará, segundo as ditas entidades, “o futuro da fachada marítima do municipio”. Este proceso de planificación estratéxica, que guiará a transformación urbana do municipio, actívase grazas á sinatura de dous convenios de colaboración, un entre o Concello e a Fundación RIA e outro entre o Concello e o COAG.

Explicaron que a colaboración entre entidades permitirá lanzar o vindeiro mes un concurso público para a redacción do plan director da fachada marítima, momento a partir do cal abrirase o prazo
para a recepción de candidaturas. Este proceso, sinalaron, “aspira a crear un novo modelo de relación entre A Pobra e o seu bordo litoral, desde unha perspectiva centrada nas persoas, o espazo público e o territorio”.

O COAG ofrece respaldo administrativo e metodolóxico á convocatoria. Ademais, presta colaboración técnica ao Concello para a instrumentación e desenvolvemento do concurso, con especial atención ao asesoramento na redacción das súas bases e a súa viabilidade técnica e urbanística.

Amais, o Colexio de Arquitectos encargarase de difundir a convocatoria do concurso entre os colexiados e colexiadas do territorio español co fin de conseguir a maior participación posíbel.

Pola súa parte, RIA traballou da man do Concello da Pobra do Caramiñal na análise, a redacción dos pregos técnicos, no establecemento de condicións e criterios de deseño e na coordinación dos axentes implicados no concurso.

A iniciativa, que busca establecer referentes de boas prácticas, conta co apoio da Fundación MOP, que contribúe economicamente ao financiamento dos estudos previos de análise e planificación, así como ao co-financiamento dos premios do concurso e outros gastos relacionados.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.