Trasladada ao CHUS unha persoa tras quedarlle unha man atrapada nunha máquina no polígono de Espiñeira, no concello de Boiro

27 Maio 2025

Un operario resultou ferido ao quedarlle atrapada a man nunha máquina dunha fábrica de complementos alimenticios situada no parque empresarial da Espiñeira, en Boiro. Foi liberado por un compañeiro antes da chegada dos equipos de emerxencia.

O 112 Galicia recibiu o aviso pouco antes das 14:45 horas, a través da chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria para o traballador accidentado.

De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos recursos necesarios: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago; os Bombeiros e o Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro; así como a Garda Civil.

Ao chegar ao lugar, os Bombeiros comprobaron que o operario xa fora liberado, pero presentaba unha lesión grave na man que requiría atención urxente.

Finalmente, o ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado.

Consorcio Provincial de Bombeiros A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.