Todo preparado para o inicio dos cursos autonómicos de lingua e cultura para persoas procedentes de fóra de Galicia

05 Maio 2025
Valentín García, secretario xeral de Lingua nunha imaxe da Enciclopedia Galega Universal

A Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, vai pór en marcha nas vindeiras semanas unha serie de cursos destinados a impulsar o coñecemento e emprego do galego entre as persoas procedentes de fóra de Galicia, segundo lembra a Secretaría “un dos grupos de poboación nos que incide o paquete de medidas elaborado ao abeiro do Pacto pola Lingua co obxectivo de incentivar o uso social do idioma”. Máis polo miúdo, ofertaranse nos vindeiros días esta formación en colaboración con Cáritas, de maneira que todas aquelas persoas provenientes do exterior e asentadas na Comunidade que o desexen poderán acceder a cursos presenciais de 20 horas de duración que lle permitirán achegarse tanto á lingua como á cultura galega.

Coa posta en marcha destas clases, desde o Goberno galego preténdese “fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva no territorio no que conviven as persoas participantes”. A Secretaría Xeral engade que “tamén se procura sumar máis galegofalantes, unha vez analizada a nova realidade demográfica de Galicia, coa chegada nos últimos cinco anos de 115.000 persoas non nadas na Comunidade e que, polo tanto, están a incrementar os usos monolingües en castelán ou noutros idiomas”.

Esta iniciativa súmase a outros cursos que poñen o foco en ámbitos e sectores profesionais en concreto como son os que están xa en marcha para o persoal da Administración de da Xustiza. Tamén se están a desenvolver cursos preparatorios para afrontar os exames CELGA, as probas de certificación do coñecemento da lingua galega.

Os contidos do Curso de Introdución á lingua e á cultura galegas están divididos en cinco unidades didácticas, deseñadas polo persoal técnico da Secretaría Xeral da Lingua, nas que se aborda desde o vocabulario, a fonética ou a ortografía a outros recursos de carácter cultural e histórico que axuden aos participantes a situarse no contexto social da Comunidade, mellorando así a súa comprensión do idioma para a comunicación na vida cotiá.

As materias inciden así desde a aprendizaxe do alfabeto galego, dos números ou dos artigos, ata o coñecemento dos pronomes ou dos adverbios, así como da conxugación verbal, o xénero dos substantivos e adxectivos ou as normas de acentuación.

Todo isto complétase con leccións de léxico específico que teñen que ver con distintas cuestións como os estados de ánimo, o corpo humano, a comida, os días e os meses, a vivenda ou as profesións. Ademais, inclúense os seguintes bloques temáticos sobre distintos ámbitos e costumes: Galicia no mundo, as festas gatronómicas, o clima e a paisaxe, a música e o Camiño de Santiago.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.