O Concello de Ribeira reafirma o seu compromiso co novo polígono fronte ás críticas da patronal

02 Maio 2025

O equipo do Concello de Ribeira quixo saír ao paso das críticas emitidas esta semana pola Asociación de Empresarios de Ribeira respecto do proxecto do novo polígono. A xeito resposta á nota emitida pola patronal trala asemblea celebrada o pasado 29 de abril, o Concello de Ribeira quere trasladar á cidadanía e ao tecido empresarial local “a realidade dos feitos” e reiterar “o seu compromiso claro e decidido co desenvolvemento do novo polígono industrial”. En primeiro lugar, o alcalde Luís Pérez Barral e os tenentes de alcalde Vicente Martiño e Francisco Suárez-Puerta, lamentáronse por non ter podido asistir á devandita reunión das empresas que integran a patronal, xa que, sinalaron, “debido ao apagamento eléctrico acontecido o día anterior, vímonos na obriga de trasladar o pleno municipal para a mesma data e hora”. Esta decisión, explicaron, foi comunicada tan axiña como foi posíbel e “respondeu a cuestións alleas á vontade deste Goberno”.

A continuación, detallaron os pasos dados polo Goberno local a prol da consecución do proxecto da nova área industrial de Pedras Vermellas (Palmeira) que, segundo indicaron, foron “claros, firmes e continuos”.

• Tramitáronse os informes sectoriais necesarios para levar a cabo as expropiacións dos terreos e realizouse o seu pagamento dos devanditos terreos.

• Inscribíronse as parcelas no Rexistro da Propiedade.

• Realizouse a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, logo de diversas modificacións tralos requirimentos solicitados por distintas administracións.

• Aprobouse e desenvolveuse a prospección arqueolóxica, para garantir a protección do patrimonio histórico da zona.

• Adxudicouse unha obra de repotenciación da subestación eléctrica de Palmeira, cun investimento de 635.608 euros, esencial para dotar de capacidade enerxética ao futuro polígono.

• Mantivéronse reunións constantes para acadar financiamento co que facer viábel unha infraestrutura que “consideramos estratéxica para Ribeira e para toda a comarca”, sinalaron, engadindo que estas reunións foron con Solo Empresarial del Atlántico (SEA), Deputación da Coruña e varias consellarías da Xunta de Galicia.

Explicaron tamén que “a situación actual do polígono, e isto debe saberse con claridade, está condicionada pola pésima planificación herdada do Goberno anterior, que incluíu no proxecto dúas parcelas situadas no termo municipal da Pobra do Caramiñal. Esta cuestión comprometeu os prazos, pois un Concello non pode expropiar terreos que non están no seu territorio, polo que estamos a traballar para chegar a un acordo voluntario de compra con eses propietarios, xa que optar pola vía da expropiación podería demorar a construción aínda máis tempo”.

Sinalaron ademais que o Goberno municipal mantén unha postura de colaboración activa coas

distintas administracións e en todo momento se busca a colaboración necesaria para que este proxecto poida ser unha realidade, xa que o custo económico que supón -máis de 13 millóns de euros- obriga a que sexa deba facer coa cooperación interinstitucional. “Por tanto, rexeitamos as acusacións de deixamento e desinterese, que non se corresponden coa realidade do traballo constante e serio que se está a realizar”, apuntaron, engadindo que “o Goberno municipal de Ribeira respecta o labor da Asociación de Empresarios de Ribeira, unha entidade coa que sempre estivemos abertos a colaborar e co convencemento de que a unión entre administración e tecido empresarial é clave para o progreso deste concello”. Porén, argumentaron, “agardamos poder seguir colaborando co representante desta entidade para chegar a bos entendementos na liña do traballo técnico e rigoroso que está a realizar o Goberno local”.

Concluíron lembrando que “a posta en marcha do polígono industrial de Ribeira é unha prioridade absoluta deste Executivo, porque entendemos que será un motor económico, xerador de emprego, dinamizador do tecido empresarial e tractor de futuro para todo o municipio. Desde o Concello de Ribeira seguiremos traballando con responsabilidade e rigor, como ata agora, co obxectivo de dotar ao municipio da infraestrutura industrial que tanto tempo se lle negou. Agradecemos o interese da Asociación de Empresarios e convidámolos a abandonar o ruído e o ataque gratuíto para poder seguir colaborando nun clima de lealdade e construtividade, que é o que require un proxecto desta importancia”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.