Queremos Galego Barbanza organiza en Asados este domingo unha mesa coloquio sobre o presente e o futuro da lingua

08 Maio 2025

Este domingo 11 de maio vaise celebrar en Asados (Rianxo) unha mesa coloquio sobre a nosa lingua e complexa realidade na que está mergullada, sen que exista garantía algunha de remuda xeracional no seu uso normalizado e con grandes e importantes ausencias en ámbitos como o económico ou o xurídico e as contornas máis urbanizadas.

A mesa Uso e conhecemento do galego, convocada pola plataforma Queremos Galego do Barbanza, desenvolverase a partir das 12.00 horas nas Escolas Velhas de Asados, en Rianxo.

Tocaranse cuestións como o compromiso a agrupación local Airiños polo galego, o galego na empresa ou o galego no ensino.

Intervirán Xesús Santos, mestre, historiador e ex-director do grupo de teatro Airiños (Asados), Eloi Sobradelo Vicente (consultor de empresa, profesor de economía no ensino medio) e Lali Agrelo Costas (docente da Facultade de Educación da Universidade de Vigo).

A encargada de moderar a mesa será Sofía Carou Ces, bibliotecaria da Biblioteca Municipal Pública de Rianxo.

Será unha xornada aberta e participativa para todos os públicos.

Organiza como dixemos Queremos Galego Barbanza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.