“Quen o diría?. Luís Celeiro

09 Maio 2025

Era ao empezar a primavera, cando -como vostedes saben- todo o sangue se altera, as veas
non son quen de contelo, vai por fóra e nótase na faciana dos axentes revestida de
autoridade e na do paisano que, pola impaciencia do uniformado, ten que agachar a cabeza
e marchar para a casa calado. Diante da porta da súa casa, multárono “por no hacer uso el
conductor del vehículo, o de no hacerlo de forma adecuada, del correspondiente casco de
protección homologado o certificado”. Dous centos euros e catro puntos, nin máis nin
menos, o que marca o código.
Todo ben, correcto e entendido, incluso o idioma no que escribe a autoridade,
probablemente con ademáns represores e amosando a súa clara incapacidade para
concretar a razón da denuncia. O condutor daquela moto ía sen casco ou non o levaba
correctamente? Quen sabe! O importante é que pague e, a poder ser, que cale.
Os municipais son xente de ben, pero incomprendidos polas maiorías. Se están, sobran e se
non están, hai quen os bota de menos. Xulio de Lago foi moitos anos municipal en Madrid e
exercía en cada rúa ou en cada esquina das miles de esquinas do centro daquela enorme
capital. Todos os amigos tiñan a sensación de que, cando había un atasco naquel cruce ou
naquela praza, era por mor do garda que estaba provocándoo. “Se hai un atasco e que alí
estaba un garda” dicían os seus colegas estudantes que recorrían Madrid como peóns.
El, pola contra, insistía, un día e detrás outro, se hai un atasco, alí vai un garda. Igual que
naquel pobo mariñeiro, cunha ponte longa para cruzar o río, xa na beira do mar, o garda
municipal, seguindo as instrucións do mando, poñíase na esquina da ponte braceando,
ordenándolles pasar aos que viñan e aos que ían. Enseguida, un enorme estouro anunciou o
choque, e o axente da autoridade, cheo de razón, alzou a cabeza e, con voz quebrada, dixo:
“estábao vendo eu”.
Axentes da autoridade, servidores públicos, uniformados e con pistola e porra, integran a
Policía Local a partir de mediados do século XX, aínda que os estudosos din que os seus
antecedentes antigos datan dos reinos visigodos, cando eran como “unha especie de
auxiliares militares que acompañaban e protexían os bens de certos gobernantes”.
Agora, como di a Tía Manuela, “teoricamente, toda a policía está ao servizo do pobo, de
toda a cidadanía”. Quen o diría?

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...