Portos inviste 75.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Rianxo

16 Maio 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, inviste 75.000 na renovación de pavimentos esgotados no porto de Rianxo, na Coruña. As obras atópanse en execución esta semana e permitirán dotar de novos firmes as explanadas e os viarios que presentaban necesidade no porto, así como repintar a sinalización horizontal.

Esta actuación inicia a fase de execución dun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados. No marco deste plan, explicou o organismo pertencente á Consellería do Mar, “executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas”.

Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón que transitan pola zona.

En concreto, no porto de Rianxo executarase un novo pavimento en todos aqueles puntos que presentan necesidades a día de hoxe. Reforzarase ademais o firme e poranse a cota tapas e grellas. Finalmente, a obra completarase coa reposición das marcas viarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.