Porto do Son homenaxea aos seus maiores na XXIII Xuntanza da Confraternidade

01 Maio 2025

Un ano máis, Porto do Son celebrou a súa tradicional Xuntanza da Confraternidade, un emotivo evento dedicado a recoñecer e homenaxear aos máis maiores do municipio.

A xornada comezou coa celebración dunha misa na igrexa de San Vicente de Noal, amenizada polo Coro Parroquial de Porto do Son. Posteriormente, os asistentes reuníronse nun xantar colectivo, que tivo lugar na carpa da zona portuaria, promovendo un ambiente de encontro e compañeirismo.

O alcalde, Luis Oujo, participou activamente na celebración, destacando a importancia da iniciativa. “Esta xuntanza é esencial, xa que funciona como un verdadeiro punto de encontro e confraternización para os nosos maiores”, sinalou.

Un acto que reafirma o compromiso do municipio co recoñecemento e benestar dos seus veciños de maior idade, fortalecendo os lazos comunitarios nunha xornada de celebración e gratitud.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou tamén na XXIII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores de Porto do Son que se celebrou nos xardíns da zona portuaria.

Perfecto Rodríguez destacou a importancia destes encontros que permiten ás persoas maiores desfrutar dunha xornada de lecer. Neste sentido, recordou o compromiso da Xunta de Galicia co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nos programas que ten o Goberno galego neste ámbito como Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.