Porto do Son celebra o Día das Letras Galegas cun certame de música tradicional

13 Maio 2025

O Concello de Porto do Son celebrará e homenaxea o Día das Letras Galegas cun certame de música tradicional e de folclore galego. A Casa da Cultura sonense acollerá o vindeiro venres, 16 de maio, a partir das 20:00 h, este concerto de pandeireteiras.

Así, Chorimas de Queiruga, Sonelas de Porto do Son, Alixeiras de Baroña conforman o cartel deste certame musical, onde a guinda do pastel será o espectáculo musical Vinde todas, de Carmela, a través da Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

Carmela é un proxecto musical que parte da tradición, das informantes e dos arquivos musicais, pero que a entende como un ente flexíbel que se adapta ao contexto actual a través de sons que viaxan desde as percusións ata referencias electrónicas. Trátase, segundo informou o Concello, “dunha proposta diferente no seu discurso tanto musical coma extra musical que sitúa a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro”.

Desde o Concello de Porto do Son animan “a toda a veciñanza a que se achegue a gozar deste certame de música tradicional galega en directo para conmemorar e celebrar o día das nosas Letras”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.